Queridas familias,
xa está actualizada toda a información sobre as actividades ofertadas para este curso 2025-26, tamén tedes dispoñible a ficha de preinscripción.
Recordade que moitas actividades dependen do número de crianzas para saires adiante.
Tamén publicamos a info que facilita o concello en relación a actividade de inglés que eles ofertan.
A Concellaría de Educación ofertará de novo a actividade de Inglés, para o alumnado
de primaria como actividade extraescolar.
A empresa que impartirá a actividade será AVANZA Servicios Escolares, S.L.
A actividade levarase a cabo nos seguintes horarios:
XOVES
16:00 – 17:00 G1 (1o y 2o primaria)+ G2 (3o y 4o primaria)
17:00 – 18:00 G3 (5o y 6o primaria)
O alumnado dividirase en función do curso no que este e tendo en conta a proba de avaliación que se fará ao
comezo das clases, polo que as idades dos grupos son orientativas. Os grupos trataranse de facer reducidos
en función dos inscritos por curso. As clases serán dunha hora e serán impartidas por profesorado bilingüe,
con gran experiencia e vocación.
O custo da actividade será de 5 € ao mes por persoa participante. O material didáctico preciso (libro, caderno,
etc...) se lle pedirá o alumnado no momento que comecen as clases. Os pagos se farán entre o 1 e 5 de cada
mes, por domiciliación bancaria.
As clases comezarán o 1 de outubro e o prazo para inscrición na actividade será ata o 22 de setembro.
Actividade levarase a cabo dende outubro 2025 ata maio 2026 ( incluídos estes dous meses).
Telefono para titorías co profesorado: 685 312 982 indicar sempre nome do alumnado, centro e persoa
docente.
A inscrición será a través dos seguintes enlaces:
PENA DE FRANCIA:
https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS54c/course_reservations/new
Pasos para realizar a inscrición:
1. Accede á ligazón proporcionada arriba.
2. Se xa tes unha conta doutros anos:
- Inicia sesión co teu correo electrónico e contrasinal.
3. Se é a túa primeira vez:
- Preme en “Crear conta”.
- Completa os datos solicitados: nome, correo electrónico e un contrasinal seguro.
- Confirma a túa conta a través do correo electrónico que recibirás.
4. Unha vez dentro da plataforma:
- Crea o usuario (alumn@) e cubre a información requirida sobre o teu/a túa fillo/a e os teus datos de
contacto.
- unha vez creado o usuario xa poderás facer a matrícula na actividade correspondente.
Nota: A plataforma é moi intuitiva, pero se necesitas axuda ou tes algunha dúbida, contacta coa
coordinadora de Avanza Servizos Escolares S.L no teléfono (685 312 982).
Pago de recibos
O pago farase entre o día l e día 5 de cada mes por domiciliación bancaria na conta que indiquedes ao
rexistrarvos.
NOTA IMPORTANTE: Para darse de baixa na actividade deberase comunicar a través da plataforma
modificando o mes ata o que vai asistir ou enviando un mail a coordinacion@avanzaserviciosescolares.es,
dita baixa terá que ser comunicada antes do día 20 de cada mes. De facelo despois, a baixa non será efectiva
ata o mes seguinte.
Para calquera aclaración da aplicación podedes contactar co teléfono 685 312 982 (Sara)
Saúdos.