Estimadas familias,
dende a ANPA poñemos en marcha, un ano máis, o servizo de Aula Madruga para facilitar a conciliación das familias.
O servizo comezará co comezo do curso, 8 de setembro, e continuará de forma regular ata final de curso.
Como no curso anterior a aula matinal será xestionada por AVANZA SERVIZOS ESCOLARES
Contacto: 685312982 / coordinación@avanzaserviciosescolares.es
A inscripción realizarase de xeito telemático e por orde de solicitude. O rexistro estará activo ata o 20 de setembro.
https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS48c/course_reservations/new
Aqueles que queiran comezar a empregar o servizo o día 8 de setembro deben enviar a solicitude a través do formulario online ANTES DO 6 de SETEMBRO.
Para utilizar a modalidade de días soltos e imprescindible comunicalo VIA WHATSAPP ao teléfono 685312982 ou no correo coordinación@avanzaserviciosescolares.es antes da 18h do día anterior.
O pagamento desdes servizos realizarase por adiantado, no número de conta indicado na incripción online, do 1 ao 10 de cada mes, no caso dos inscritos fixos.
No caso do uso ocasional dos servizos facturarase a mes vencido o total dos días empregados.
Para facer modificacións de matrícula ou darse de baixa no servizo debedes comunicalo por mail antes do día 25 do mes anterior. De non ser así procederase ao cobro da cota mensual correspondente (As devolucións de recibos supoñen un recargo de 4 €). No caso de que se inscriban unha vez comezado o mes, cobrarase a parte proporcional da cuota mensual do servicio (no caso de setembro, como se comeza o servizo o día 8, tamén se cobrará a parte proporcional do mes).
Modalidade SEN ALMORZO | Prezo |
| Modalidade CON ALMORZO | Prezo |
5 días/ semana | 38,50€/mes |
| 5 días/ semana | 46,00€/mes |
4 días/semana | 35,00€/mes |
| 4 días/semana | 41,00€/mes |
3 días/semana | 31,00€/mes |
| 3 días/semana | 36,00€/mes |
2 días/semana | 26,00€/mes |
| 2 días/semana | 30,00€/mes |
1 día/semana | 21,00€/mes |
| 1 día/semana | 23,00€/mes |
Días soltos | 5,50 €/día |
| Días soltos | 6,00 €/día |