Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

martes, 30 de septiembre de 2025

INICIO DAS EXTRAESCOLARES

 Benqueridas familias,

o 1 de Outubro comezan as extraescolares, xa se formaron os grupos de whatsapp para estar en contacto.

Calquera dúbida quedamos a vosa disposición co teléfono da Anpa ou vía mail.

 

¡Desexamos que disfruten moito nas actividades! 

miércoles, 24 de septiembre de 2025

DESCONTOS PARA SOCIOS

Hola familias,  

neste enlace podedes coñecer a qué descontos tedes acceso co carnet de socios da Anpa.

Desfrutádeos! 

martes, 9 de septiembre de 2025

MENÚS DO MES

Menú Setembro

Menú sen ovo Setembro

Menu hipocalórico Setembro

Menú sen glute Setembro

Menú sen lactosa. Sen PLV Setembro

LIBROS COMPARTIDOS 2025-2026

 Arrancamos este ano o programa Libros Compartidos, coa intención de que tódalas familias teñan acceso os libros de forma gratuíta. 

As familias que quedan fora do Fondo Libros da Xunta pode solicitar o préstamo a Anpa.

A idea é que as familias que teñan libros que non utilicen os doen, para por a disposición do resto de familias. Formándo así unha cadea de favores, facendo da unión a forza.

Entre os libros que xa formaban parte do fondo da Anpa máis os doados este curso poidemos dar servizo a 9 familias. Ogallá cada ano crezca máis o programa e poidamos colaborar con máis familias.


Gracias a todos os que xa colaboraron esta edición, o próximo ano máis e mellor.

Saúdos.

BENVIDA NOVO CURSO 2025-2026





collage

 ✨🎒 ¡Feliz primeiro día do cole!


Agardamos  que pasarades un bo verán.

Dende a Anpa queremos darvos a benvida a este novo curso, que afrontamos con moita ilusión.


Durante o verán xa comenzamos a traballar na planificación do ano, e tamén nos animamos a darlle un pouco de cor algunhas zonas do colexio🎨🏫 en colaboración tanto coa dirección do centro como co concello.


Ademáis, preparamos con Moito Agarimo a benvida que puidestes ver hoxe o chegar, con colaboración cole e mención especial a empresa CREAMOS ROTULACIÓN unha familia do cole que nos deu de maneira altruista as pancartas tan chulas e o cartel.

¡Agardamos que vos guste!


👉Animámosvos a asistir á reunión que celebraremos próximamente, onde vos presentaremos as nosas propostas e actividades para este curso. A vosa participación e apoyo son moi importantes para seguir medrando xunt@s.


Estamos a vosa disposición para o que precisedes.

¡Contamos con vos!

✨✨Feliz Curso✨✨

EXTRAESCOLARES 2026-27

¡Hola familias!

como xa sabredes este ano as todas extraescolares están colgadas na nova APP do AMPA, e dende aí podedes rexistraros.

O prazo de inscripción pécharase o día 24 de setembro, e todas as actividades arrancarán no mes do outubro.
Para que se consoliden as actividades deberán acadar o mínimo de alumnos para formar grupo.

Hai un montón de novidades e opcións moi chulas, esperamos que os máis peques da casa lles ilusionen como a nos.

Por si votades de menos a versión antiga do calendario tamén volo deixamos por aquí para facilitarvos a elección.

Calquera indicencia ou dúbida escribidnos a través da App e trataremos de solucionala o antes posible, estamos de estrena coa app e todas estamos a aprender, así que sede pacientes por favor.

Unha aperta.
Directiva do Anpa Pena de Francia


PLAN MADRUGA 2026-27

Familias como cada ano a ANPA pon a vosa disposición o Plan Madruga que dará comezo o 9 de setembro e continuará de forma regular ata final de curso. 

Ofrecemos unha nova modalidade, pensada para adaptarnos mellor tanto aos horarios de chegada como ás necesidades económicas de cada familia. 😊

Este ano poderedes escoller entre:

⏰ Servizo de 1 hora

⏰ Servizo de 1 hora e media 

Para poder ofrecer a modalidade de 1 hora, necesitamos contar cun mínimo de 10 inscritos na modalidade de 1 hora e media, xa que este é o número mínimo necesario para poder manter a contratación da monitora desde as 7:30 h.

Se finalmente non acadamos ese mínimo de 10 inscritos na modalidade de 1 hora e media, teriamos que valorar como organizar o servizo e cal sería a opción máis viable. 🤝

A inscrición da aula matinal  realizarase EXCLUSIVAMENTE  DE XEITO TELEMÁTICO  e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será ata o  10 setembro.  

Formulario incripción

Para aqueles que queiran comezar a empregar o servicio o día 9 de setembro, debedes enviar a solicitude a traves do formulario online antes do día 6 de setembro. Para utilizar o servizo na modalidade de días soltos é imprescindible que se comunique vía Whatsapp ao teléfono 685312982 ou no correo preferiblemente antes das 18:00 horas do día anterior. 

Este será o MENU SEMANAL


PREZOS DO SERVIZO DE AULA MATINAL DÍAS/SEMANA 1 hora (8:00-9:00) 


PREZOS DO SERVIZO DE AULA MATINAL DÍAS/SEMANA 1 hora e media (7:30-9:00) 


O horario da aula madruga é de 7:30 a 9:00h

A opción de días soltos estará dispoñible para atender necesidades puntuais e urxencias AVISANDO O DIA ANTERIOR.

O  cobro  do  servizo  realizarase  entre  o  día  1  e  10  de  cada  mes  e  para  facer  modificacións  de  matrícula ou  darse  de  baixa  no  servizo  debedes  comunicalo  por  mail  antes  do  día  25  do  mes  anterior.  De  non  ser así  procederase  ao  cobro  da  cota  mensual  correspondente  (As  devolucións  de  recibos  supoñen  un recargo  de  4  €  ).  No  caso  de  que  se  inscriban  unha  vez  comezado  o  mes,  cobrarase  a  parte  proporcional da  cuota  mensual  do  servicio  (no  caso  de  setembro,  como  se  comeza  o  servizo  o  día  8,  tamén  se cobrará a parte proporcional do mes). 

No caso do uso ocasional  dos servizos, facturarase a mes vencido o total dos días utilizados. 

💚 Moitas grazas pola vosa confianza! Agardamos que esta nova opción nos permita adaptarnos un pouquiño mellor ás necesidades de cada familia. 😊

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais que teñen crianzas matriculadas no centro educativo, e que adican o seu tempo á asociación de forma altruísta.

Entre todos conformamos a comunidade educativa onde medran as nosas crianzas.

A Anpa xestiona o Aula madruga, o servizo de comedor, as extraescolares (agás as que oferta directamente o concello), o plan Libros compartidos e moito máis. Pero nada disto sería posible sen a vosa colaboración.

Se queres asociarte podes descargar a ficha de socio, completala e deixala no buzón da Anpa (está no patio cuberto)

A cuota de socio é de 15€ anuais por familia. Cobraranse por domiciliación bancaria.

¡Gracias por apoiarnos!

 

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTA: Belén Sio Pereira

VICEPRESIDENTA: Adelaida Dóniz Pérez

SECRETARIO: Pablo Tejo Posada

TESOUREIRA: Carolina Paz Serio

VOGAIS:

María Álvarez Fernández

María del MAr Blanco Carrera

Dionisio Lago González

CONTACTO

 

Para contactar con nos temos a vosa disposición:

Móbil: 638049227 (de luns a venres)

Buzón de suxestións situado no patio cuberto.


ESTATUTOS