Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

jueves, 26 de febrero de 2026

Martes Negro 7

Esta semana volvemos a reunirnos, familias e mestres, non nos rendimos. A educación pública debe ser prioridade. O investimento en ensino e investimento en futuro. 
Ogallá dende a Consellería atendan as nosas reclamación. 

miércoles, 25 de febrero de 2026

Manifestándonos pola educación pública

Qué emocionante é ver as familias e mestres unidos en defensa do ensino público.
Saímos a rúa, berramos e fixemos ruido, non imos parar!! 💪

martes, 24 de febrero de 2026

En loita pola educación pública

Este mércores 25 de febreiro vémonos en Sanguiñeda para loitar pola educación pública. Toca loitar nas rúas o que non queren escoitar nos despachos.
Contamos con vos, facede carteis e vir con ganas de berrar e facer ruido. Teñen que escoitarnos unidos e decididos a loitar polo ben das nosas crianzas alto e claro.
A educación pública non é un xogo. Non os recortes

lunes, 23 de febrero de 2026

Entroido 2026

Este ano estivemos "A remollo", a nosa comparsa onte foi a máis entusiasta sen dúbida.
Foron semanas de moita purpurina, goma eva e ilusión, tanto a anpa como tódalas familias que se implicaron nesta aventura dedicámoslle moitisimo tempo e ilusión.
Levamos un barco incrible, un faro grandioso e mesmo o fondo marino con Dori, Patricio e Nemo 😂
Dende a Anpa queremos dar as grazas a tódalas familias que se animaron a participar e que colaboraron cos disfraces, as carrozas e os ensaios.
O ano que ven máis e mellor.

lunes, 9 de febrero de 2026

Cheira a entroido

Por aquí levamos unhas semaniñas cheas de purpurina, silicona, madeira e ferramenta variada traballando na comparsa do entroido coa que desfilaremos en Mos.
Está sendo intenso e divertido. Temos moita ilusión por amosarvos o resultado final.
Agardamos que veñades a vernos e a animar as crianzas que xa están ensaiando a tope os bailes. Son uns artistas!!

viernes, 6 de febrero de 2026

MARTES NEGRO 6

Unha semana máis a comunidade educativa une forzas contra a precariedade na que se está vivindo nas escolas.
Non nos rendimos.