Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

viernes, 6 de febrero de 2026

MARTES NEGRO 6

Unha semana máis a comunidade educativa une forzas contra a precariedade na que se está vivindo nas escolas.
Non nos rendimos.

jueves, 22 de enero de 2026

Martes negro 5

Como cada martes volvemonos reunir para reinvindicar o dereito dos nosos fillos a unha educación de calidade.

domingo, 18 de enero de 2026

Melloras no patio

Queridas familias,

Estamos moi felices de poder amosarvos un dos nosos segredos, as novas incorporacións o patio:
🪣 un areeiro,
📚 unha casiña para libros,
🪜 e as escaleiras de emerxencia, que se converten nunha fermosa “porta/casiña”, onde crearemos un novo espazo de xogo para os nosos peques.

Todo isto foi posible grazas a Loli, á pequena Valentina e a Gabriel que xunto coa súa empresa Carpintería Milano traballaron arreo e nolo doaron de maneira totalmente desinteresada.
Grazas, familia! 💛

Inda temos máis detalles que irán aparecendo no patio. 
A unión fai a forza e a implicación das familias é a clave 
Agardamos seguir construíndo xuntos espazos onde os nenos e nenas poidan gozar, imaxinar e compartir.
Grazas a esta gran comunidade que formamos; estamos súper orgullosos dela.
Feliz sábado e feliz fin de semana! 🌈

miércoles, 7 de enero de 2026

Acompañamos os Reis Magos

Agardamos que esteades a gozar destes últimos días de descanso antes de volver á rutina escolar 📚.

Queremos compartir convosco algunhas fotos da carroza que levou o ANPA na cabalgata de Reis de Mos e aproveitar para agradecer de corazón a todas as persoas que, dalgunha maneira, fixeron posible que isto saíse adiante 💖.
Grazas á nosa Elfa Maior, Mar 🧝‍♀️, pola súa creatividade, habilidade e por facelo realidade; á familia de Silvia, pola súa axuda totalmente desinteresada 🙌; a César, por deixarnos o remolque 🚜; a Jaime, por ser o noso condutor Elfo 🧝‍♂️; e a todos os peques e as súas familias, que cos seus disfraces de Elfo 🧝‍♀️🧝‍♂️ se achegaron e encheron a carroza de ilusión e fixeron un gran traballo 🍬✨.
Mención moi especial ás familias da directiva, por “roubarlles” tempo nestas datas tan especiais ⏰❤️ e por axudarnos sempre tanto.

Agardamos que vos gustase o noso traballo neste primeiro ano no que participamos ✨.
Gozade moito destes días! Vémonos en nada 🤗
Unha forte aperta 💫

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Obradoiro de outono en inglés

Queridas familias:

Tal e como vos comentamos na 1ª reunión, dentro da programación de actividades previstas para este curso, hoxe todo o alumnado, organizado por ciclos, puido gozar dunha actividade de outono en inglés 🍂📚. Como sempre, a actividade foi previamente supervisada polo centro e polo profesorado correspondente; traballamos sempre en consenso coa comunidade educativa 🤝.

As nenas e nenos aprenderon conceptos básicos de forma lúdica e adaptada á súa idade a través dos seguintes contos:

Infantil: Kinder Garden 🧸

1º e 2º de Primaria: Autumn Scarecrows 🎃

3º e 4º de Primaria: Autumn Mini Village 🏘️

5º e 6º de Primaria: Autumn Escape Challenge 🔍🍁

Todo isto foi posible grazas á academia Navedy, dunha familia do propio cole, que nos impartiu esta actividade de maneira totalmente desinteresada 🙌. Unha gran achega para completar a formación dos nosos nenos e nenas. Grazas!

Agardamos que aos nenos e nenas lles gustase a experiencia; xa nos contaredes! 😊

Queremos destacar unha vez máis a gran comunidade educativa que formamos entre familias, alumnado e profesorado 🫶. Actividades así son unha mostra do compromiso, do cariño e da colaboración que nos unen.

✨ Grazas a todas e todos por facelo posible! ✨

Martes negro 4

Seguimos na loita, seguimos a visibilizar que non nos imos rendir. Os nosos cativos e cativas merecen a mellor das educacións e para iso necesitamos cubrir a lo menos os recursos básicos.
O CEIP PENA DE FRANCIA necesita 1 mestre máis!!!!

Gracias as familias que apoian esta iniciativa cada martes. 

lunes, 1 de diciembre de 2025

Chegou o nadal

Queridas familias:

Este fin de semana os elfos do ANPA coláronse polo colexio cargadiños de purpurina, ilusión e algún que outro trasno revolto. 🧝‍♂️🎄💫
Deixaron cada recuncho cheo de espírito do Nadal para que hoxe as nenas e nenos entren coa boca aberta e o corazón quentiño de emoción. ❄️💖

E agora imos revelar o segredo mellor gardado… 🤫⭐
Detrás de toda esta marabilla está a nosa compañeira da directiva, Mar, tamén coñecida como a Elfa Maior da Creatividade. ✂️🧵🧚‍♀️
Si, si… todo feito a man, con moito mimo, toneladas de paciencia e un talento que xa quixeramos o resto dos elfitiños do ANPA. 😄💝

Agardamos que a sorpresa lles encante e lles encha de ilusión.
🎅✨ Que comece a maxia do Nadal! ✨🎄