Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

martes, 26 de mayo de 2026

Saída a Corazón de Carballo con Vive o Rural




Onte, o alumnado de 1º e 2º de Primaria desfrutou dunha xornada inesquecible na Granxa Corazón de Carballo.
Ao longo do día participaron en diferentes obradoiros educativos 🎨🧑‍🌾, aprendendo moitas cousas sobre o mundo rural, o coidado da natureza e dos animais. Ademais, tiveron a oportunidade de estar en contacto directo cos animais da granxa 🐇🐐🐓, unha experiencia moi especial e divertida para todos e todas 😊
A aventura deixou tamén momentos cheos de emoción, xa que algún dos nenos e nenas mesmo se animou a montar en poni 🐴👏
Esta actividade foi posible grazas á subvención concedida polo programa “Vive no Rural” da Deputación de Pontevedra 💙, que permite achegar ao alumnado experiencias educativas únicas en contacto coa natureza 🍃🌼