Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

miércoles, 24 de junio de 2026

COMO FUNCIONA LIBROS COMPARTIDOS

“Libros Compartidos” é unha iniciativa solidaria que ten como obxectivo que todas as familias socias do Anpa poidan acceder os libros de texto de forma gratuíta.

Este programa baséase en dous piares fundamentais:

1. Doazón voluntaria de libros: As familias que xa non precisen certos libros poden doalos para que outros alumnos e alumnas poidan aproveitalos no vindeiro curso.

2. Préstamo de libros: seguindo a orde de inscripción facilitaremos as familias os libros do noso fondo para o seu uso durante o vindeiro curso.

O prazo de inscripción estará aberto o vindeiro luns 29 de Xuño a través desde formulario.

📌 A partir do 1 de setembro, desde a oficina da ANPA comezaremos coa entrega dos libros. 

Nese momento, cada familia deberá:

Asinar o documento de compromiso.

Realizar o pago de 15 € ou entregar o xustificante do pago previamente efectuado. 

Esta achega económica permite manter o programa de forma sostible, garantindo o acceso ao material en bo estado para máis alumnado cada ano.

Grazas pola vosa colaboración, tanto a quen doa libros como a quen os coida e devolve en bo estado. 

Con “Libros Compartidos” construímos entre todas e todos unha comunidade educativa máis solidaria, responsable e sostible.

lunes, 22 de junio de 2026

E ata aquí o curso 2026-2027

Queridas familias do ANPA 

Agardamos que desfrutárades da festa de fin de curso desta mañá e que os nosos nenos e nenas o pasasen en grande.

Queremos darvos as grazas de corazón! pola vosa axuda, colaboración e apoio durante todo o curso.  Grazas a vós, puidemos organizar actividades, compartir momentos especiais e seguir facendo medrar esta gran familia. 

Desexámosvos un verán marabilloso, cheo de descanso; aventuras, risas e moitos momentos felices en familia. 

Nós seguiremos traballando con ilusión  para preparar o vindeiro curso e traer novas ideas, actividades e proxectos para todos. 

Mil grazas por acompañarnos un ano máis. 

Non queremos despedirnos este ano sen dar as grazas a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta gran festa.

En primeiro lugar, queremos agradecerlle ao cole o traballo conxunto co ANPA na organización do evento. Grazas por remar na mesma dirección e facer equipo!

Tamén queremos darlle as grazas a David, un papá do cole, que grazas á súa empresa conseguiu que a froita nos saíse moi económica e que, ademais, fixo unha doazón desinteresada. Moitísimas grazas pola túa colaboración!

Grazas tamén ao Concello por prestarnos o camión de bombeiros e por enviarnos botellas de auga para que non faltase refresco nun día tan caloroso.

E, por suposto, grazas a todos vós por participar, gozar e encher a festa de sorrisos, ilusión e bo ambiente.

E para rematar, unha mención moi especial ás persoas da directiva que forman equipo comigo. Grazas por todo o traballo, a dedicación, o voso bo facer e por afrontar cada reto sempre con boa disposición e bo rollo. Sen vós, nada disto sería posible. Sodes o mellor equipo!

Desexámosvos un moi feliz día!

Unha forte aperta!





Último Martes Negro do curso

Compartimos convosco a última foto dos martes negros, inda que non logramos todavía os obxectivos que dende principio de curso se están a reinvindicar.

O próximo curso seguiremos levantando a voz polos dereitos dos nosos fillos e fillas e pola defensa do Ensino Público.



martes, 9 de junio de 2026

Excursión a Illa de Ons

Queridas familias! 

Como non vai ser todo traballar tamén hai que desfrutar e compartir bos momentos en familia.

Por iso, desde a ANPA organizamos unha excursión á Illa de Ons, unha oportunidade perfecta para pasar un día diferente, rodeados de natureza, pasear, gozar das paisaxes e, sobre todo, pasalo ben xuntos.

Adxuntámosvos o cartel coa información e o formulario de inscrición.

Animádevos a participar! Seguro que será unha xornada inesquecible para grandes e pequenos.

Unha forte aperta!

  • HORARIO IDA: 11:30H
  • HORARIO VOLTA: 18:30H
  • Minimo 101 persoas