Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

jueves, 30 de octubre de 2025

Estreamos bancos


Queridas familias:


Dende o ANPA queremos compartir con vós unha boa nova e dar as grazas á Comunidade de Montes de Tameiga pola súa xenerosidade e colaboración co noso cole.


Non só hoxe nos fixeron unha doazón de 5 bancos, que as nosas nenas e nenos xa podrán desfrutar no patio, senón que tamén nos axudaron traendo madeira para o magosto, facendo posible que todos puidésemos gozar dunha xornada tan especial.


Tamén queremos facer unha mención moi especial aos dous avós que se achegaron para axudar a asar as castañas —grazas pola vosa implicación, o voso tempo e o voso bo facer!


💚 É unha sorte ter unha comunidade tan bonita, unida e colaboradora como a nosa. Grazas por formar parte dela e por facer do noso cole un lugar mellor cada día.





viernes, 17 de octubre de 2025

FESTA DE SAMAÍN

 🎃 Está a piques de chegar o Samaín... e a troula tamén! 👻

O vindeiro xoves 30 de outubro, celebraremos no comedor unha divertida Festa de Samaín. Haberá risas, sustos de mentira e ata algún vampiro que perdeu os dentes! 🧛‍♂️😄

Se vos apetece, estades convidados/as a participar! E se vos animades a vir disfrazados/as, mellor ca mellor 🎩🧙‍♀️

Iso si, lembrade que non se poden levar máscaras, para que poidamos recoñecervos... ¡e tamén para que os máis pequenos non se asusten tanto! 😊

Agardámosvos con moita ilusión para pasar un bo momento xuntos/as!