Dende o ANPA queremos compartir con vós unha boa nova e dar as grazas á Comunidade de Montes de Tameiga pola súa xenerosidade e colaboración co noso cole.
Non só hoxe nos fixeron unha doazón de 5 bancos, que as nosas nenas e nenos xa podrán desfrutar no patio, senón que tamén nos axudaron traendo madeira para o magosto, facendo posible que todos puidésemos gozar dunha xornada tan especial.
Tamén queremos facer unha mención moi especial aos dous avós que se achegaron para axudar a asar as castañas —grazas pola vosa implicación, o voso tempo e o voso bo facer!
💚 É unha sorte ter unha comunidade tan bonita, unida e colaboradora como a nosa. Grazas por formar parte dela e por facer do noso cole un lugar mellor cada día.

