Familias, xa está aberta a inscrición do comedor para o vindeiro curso.
📅 Data límite: 04/09/2026
💶 Prezo: 5,50 €/menú/día/alumno/a (IVE incluído).
📧 As inscricións deben enviarse a: altacomedor@gmail.com
🔔 Lembramos algúns puntos importantes:
⏰ É moi importante respectar o horario establecido para comunicar se o alumno/a fará uso ou non do comedor. As ausencias deberán comunicarse como máximo ata as 09:30 h do propio día, para facilitar a correcta organización do servizo.
🚌 As excursións deberán comunicarse coa máxima antelación posible se o alumno/a non vai facer uso do comedor.
🩺 En caso de alerxia ou intolerancia alimentaria, será necesario enviar o correspondente informe médico a altacomedor@gmail.com. Este correo é exclusivo para inscricións e informes médicos; outro tipo de comunicacións poderán non ser atendidas.
📧 As ausencias puntuais seguiranse comunicando a adrimialfood@gmail.com.
📋 Lembramos que o comedor conta con normas de convivencia e funcionamento establecidas. A acumulación de faltas, así como a gravidade das mesmas, poderá dar lugar ás sancións correspondentes, aprobadas previamente no último Consello Escolar.
⚠️ Seremos estritos co comportamento, polo ben común e para garantir que o comedor sexa un espazo agradable, seguro e respectuoso para todos/as. 🤝😊
Deixámos por aquí o "Protocolo de comedor" actualizado e aprobado en Consello escolar.
🙏 Grazas pola vosa colaboración!
%20(1).png)