Queridas familias:
Este fin de semana os elfos do ANPA coláronse polo colexio cargadiños de purpurina, ilusión e algún que outro trasno revolto. 🧝♂️🎄💫
Deixaron cada recuncho cheo de espírito do Nadal para que hoxe as nenas e nenos entren coa boca aberta e o corazón quentiño de emoción. ❄️💖
E agora imos revelar o segredo mellor gardado… 🤫⭐
Detrás de toda esta marabilla está a nosa compañeira da directiva, Mar, tamén coñecida como a Elfa Maior da Creatividade. ✂️🧵🧚♀️
Si, si… todo feito a man, con moito mimo, toneladas de paciencia e un talento que xa quixeramos o resto dos elfitiños do ANPA. 😄💝
Agardamos que a sorpresa lles encante e lles encha de ilusión.
🎅✨ Que comece a maxia do Nadal! ✨🎄