Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Obradoiro de outono en inglés

Queridas familias:

Tal e como vos comentamos na 1ª reunión, dentro da programación de actividades previstas para este curso, hoxe todo o alumnado, organizado por ciclos, puido gozar dunha actividade de outono en inglés 🍂📚. Como sempre, a actividade foi previamente supervisada polo centro e polo profesorado correspondente; traballamos sempre en consenso coa comunidade educativa 🤝.

As nenas e nenos aprenderon conceptos básicos de forma lúdica e adaptada á súa idade a través dos seguintes contos:

Infantil: Kinder Garden 🧸

1º e 2º de Primaria: Autumn Scarecrows 🎃

3º e 4º de Primaria: Autumn Mini Village 🏘️

5º e 6º de Primaria: Autumn Escape Challenge 🔍🍁

Todo isto foi posible grazas á academia Navedy, dunha familia do propio cole, que nos impartiu esta actividade de maneira totalmente desinteresada 🙌. Unha gran achega para completar a formación dos nosos nenos e nenas. Grazas!

Agardamos que aos nenos e nenas lles gustase a experiencia; xa nos contaredes! 😊

Queremos destacar unha vez máis a gran comunidade educativa que formamos entre familias, alumnado e profesorado 🫶. Actividades así son unha mostra do compromiso, do cariño e da colaboración que nos unen.

✨ Grazas a todas e todos por facelo posible! ✨