Queridas familias do ANPA
Agardamos que desfrutárades da festa de fin de curso desta mañá e que os nosos nenos e nenas o pasasen en grande.
Queremos darvos as grazas de corazón! pola vosa axuda, colaboración e apoio durante todo o curso. Grazas a vós, puidemos organizar actividades, compartir momentos especiais e seguir facendo medrar esta gran familia.
Desexámosvos un verán marabilloso, cheo de descanso; aventuras, risas e moitos momentos felices en familia.
Nós seguiremos traballando con ilusión para preparar o vindeiro curso e traer novas ideas, actividades e proxectos para todos.
Mil grazas por acompañarnos un ano máis.
Non queremos despedirnos este ano sen dar as grazas a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta gran festa.
En primeiro lugar, queremos agradecerlle ao cole o traballo conxunto co ANPA na organización do evento. Grazas por remar na mesma dirección e facer equipo!
Tamén queremos darlle as grazas a David, un papá do cole, que grazas á súa empresa conseguiu que a froita nos saíse moi económica e que, ademais, fixo unha doazón desinteresada. Moitísimas grazas pola túa colaboración!
Grazas tamén ao Concello por prestarnos o camión de bombeiros e por enviarnos botellas de auga para que non faltase refresco nun día tan caloroso.
E, por suposto, grazas a todos vós por participar, gozar e encher a festa de sorrisos, ilusión e bo ambiente.
E para rematar, unha mención moi especial ás persoas da directiva que forman equipo comigo. Grazas por todo o traballo, a dedicación, o voso bo facer e por afrontar cada reto sempre con boa disposición e bo rollo. Sen vós, nada disto sería posible. Sodes o mellor equipo!
Desexámosvos un moi feliz día!
Unha forte aperta!



.jpeg)