Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

jueves, 30 de octubre de 2025

Estreamos bancos


Queridas familias:


Dende o ANPA queremos compartir con vós unha boa nova e dar as grazas á Comunidade de Montes de Tameiga pola súa xenerosidade e colaboración co noso cole.


Non só hoxe nos fixeron unha doazón de 5 bancos, que as nosas nenas e nenos xa podrán desfrutar no patio, senón que tamén nos axudaron traendo madeira para o magosto, facendo posible que todos puidésemos gozar dunha xornada tan especial.


Tamén queremos facer unha mención moi especial aos dous avós que se achegaron para axudar a asar as castañas —grazas pola vosa implicación, o voso tempo e o voso bo facer!


💚 É unha sorte ter unha comunidade tan bonita, unida e colaboradora como a nosa. Grazas por formar parte dela e por facer do noso cole un lugar mellor cada día.





viernes, 17 de octubre de 2025

FESTA DE SAMAÍN

 🎃 Está a piques de chegar o Samaín... e a troula tamén! 👻

O vindeiro xoves 30 de outubro, celebraremos no comedor unha divertida Festa de Samaín. Haberá risas, sustos de mentira e ata algún vampiro que perdeu os dentes! 🧛‍♂️😄

Se vos apetece, estades convidados/as a participar! E se vos animades a vir disfrazados/as, mellor ca mellor 🎩🧙‍♀️

Iso si, lembrade que non se poden levar máscaras, para que poidamos recoñecervos... ¡e tamén para que os máis pequenos non se asusten tanto! 😊

Agardámosvos con moita ilusión para pasar un bo momento xuntos/as!


martes, 30 de septiembre de 2025

INICIO DAS EXTRAESCOLARES

 Benqueridas familias,

o 1 de Outubro comezan as extraescolares, xa se formaron os grupos de whatsapp para estar en contacto.

Calquera dúbida quedamos a vosa disposición co teléfono da Anpa ou vía mail.

 

¡Desexamos que disfruten moito nas actividades! 

miércoles, 24 de septiembre de 2025

DESCONTOS PARA SOCIOS

Hola familias,  

neste enlace podedes coñecer a qué descontos tedes acceso co carnet de socios da Anpa.

Desfrutádeos! 

martes, 9 de septiembre de 2025

MENÚS DO MES

Menú Setembro

Menú sen ovo Setembro

Menu hipocalórico Setembro

Menú sen glute Setembro

Menú sen lactosa. Sen PLV Setembro

LIBROS COMPARTIDOS 2025-2026

 Arrancamos este ano o programa Libros Compartidos, coa intención de que tódalas familias teñan acceso os libros de forma gratuíta. 

As familias que quedan fora do Fondo Libros da Xunta pode solicitar o préstamo a Anpa.

A idea é que as familias que teñan libros que non utilicen os doen, para por a disposición do resto de familias. Formándo así unha cadea de favores, facendo da unión a forza.

Entre os libros que xa formaban parte do fondo da Anpa máis os doados este curso poidemos dar servizo a 9 familias. Ogallá cada ano crezca máis o programa e poidamos colaborar con máis familias.


Gracias a todos os que xa colaboraron esta edición, o próximo ano máis e mellor.

Saúdos.

BENVIDA NOVO CURSO 2025-2026





collage

 ✨🎒 ¡Feliz primeiro día do cole!


Agardamos  que pasarades un bo verán.

Dende a Anpa queremos darvos a benvida a este novo curso, que afrontamos con moita ilusión.


Durante o verán xa comenzamos a traballar na planificación do ano, e tamén nos animamos a darlle un pouco de cor algunhas zonas do colexio🎨🏫 en colaboración tanto coa dirección do centro como co concello.


Ademáis, preparamos con Moito Agarimo a benvida que puidestes ver hoxe o chegar, con colaboración cole e mención especial a empresa CREAMOS ROTULACIÓN unha familia do cole que nos deu de maneira altruista as pancartas tan chulas e o cartel.

¡Agardamos que vos guste!


👉Animámosvos a asistir á reunión que celebraremos próximamente, onde vos presentaremos as nosas propostas e actividades para este curso. A vosa participación e apoyo son moi importantes para seguir medrando xunt@s.


Estamos a vosa disposición para o que precisedes.

¡Contamos con vos!

✨✨Feliz Curso✨✨