Entrada destacada

COÑÉCENOS

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais qu...

lunes, 24 de noviembre de 2025

Clube Vitamina

Benqueridas familias!

A semana pasada as nenas e nenos de 5º participaron no Clube Vitamina, un obradoiro nutricional impartido por "Frutas Nieves".
Na actividade falaron sobre alimentación saudable, a importancia de evitar ultraprocesados e os diferentes grupos de alimentos.

Estiveron moi atentos e cremos que lles gustou moitísimo… agaramos que asi volo transmitiran na casa! 😊 

Ademais, recibiron uns agasalliños que Frutas Nieves lles preparou con moito cariño.

Dende aquí queremos agradecer a Frutas Nieves, que ofreceu esta actividade de maneira totalmente gratuíta.

Compartimos unha pequena mostra para que vexades o ben que o pasaron e o xenial que estivo.

Ata pronto!

Martes Negros 2

Seguiremos a unirnos no colexio cada martes ata que dende educación teñan en conta as nosas peticións. 
Necesitamos máis recursos para que as nosas crianzas teñan a educación que merecen e tamén para que o profesorado traballe con condicións dignas.

Non imos parar ata que se nos escoiten. Unidos sempre familias, profes e Anpa en loita.

Grazas as familias que poideron acudir, sabemos o esforzo que supón nalgúns casos, agardamos ser máis cada martes.

lunes, 17 de noviembre de 2025

Martes Negros

Mestres, Anpa e familias do CEIP Plurilingüe Pena de Francia reunímonos o pasado Martes no centro para manifestar a nosa indignación ante a preocupante situación da nosa escola pola falta de persoal, e seguiremos a facelo ata que esta situación mude. 

Dende o inicio desde curso reclamamos á Consellería de Educación a incorporación, mínimo, dun recurso máis.

Debido a que cada vez hai máis casos de crianzas que necesitan atención
especial por diversos diagnósticos, e o continuado recorte de recursos o centro
está nunha situación límite.

Queremos unirnos a iniciativa dos “martes negros” iniciada polo colexio veciño
“CEIP Mestre Alonso Martínez” e loitar así polos dereitos dos nosos cativos e
cativas. Merecen unha educación de calidade e a falla de persoal impide que
así sexa.



Saudos.


jueves, 30 de octubre de 2025

Estreamos bancos


Queridas familias:


Dende o ANPA queremos compartir con vós unha boa nova e dar as grazas á Comunidade de Montes de Tameiga pola súa xenerosidade e colaboración co noso cole.


Non só hoxe nos fixeron unha doazón de 5 bancos, que as nosas nenas e nenos xa podrán desfrutar no patio, senón que tamén nos axudaron traendo madeira para o magosto, facendo posible que todos puidésemos gozar dunha xornada tan especial.


Tamén queremos facer unha mención moi especial aos dous avós que se achegaron para axudar a asar as castañas —grazas pola vosa implicación, o voso tempo e o voso bo facer!


💚 É unha sorte ter unha comunidade tan bonita, unida e colaboradora como a nosa. Grazas por formar parte dela e por facer do noso cole un lugar mellor cada día.





viernes, 17 de octubre de 2025

FESTA DE SAMAÍN

 🎃 Está a piques de chegar o Samaín... e a troula tamén! 👻

O vindeiro xoves 30 de outubro, celebraremos no comedor unha divertida Festa de Samaín. Haberá risas, sustos de mentira e ata algún vampiro que perdeu os dentes! 🧛‍♂️😄

Se vos apetece, estades convidados/as a participar! E se vos animades a vir disfrazados/as, mellor ca mellor 🎩🧙‍♀️

Iso si, lembrade que non se poden levar máscaras, para que poidamos recoñecervos... ¡e tamén para que os máis pequenos non se asusten tanto! 😊

Agardámosvos con moita ilusión para pasar un bo momento xuntos/as!


martes, 30 de septiembre de 2025

INICIO DAS EXTRAESCOLARES

 Benqueridas familias,

o 1 de Outubro comezan as extraescolares, xa se formaron os grupos de whatsapp para estar en contacto.

Calquera dúbida quedamos a vosa disposición co teléfono da Anpa ou vía mail.

 

¡Desexamos que disfruten moito nas actividades! 

miércoles, 24 de septiembre de 2025

DESCONTOS PARA SOCIOS

Hola familias,  

neste enlace podedes coñecer a qué descontos tedes acceso co carnet de socios da Anpa.

Desfrutádeos!